O Castelo de Santa Cruz acollerá a xornada “O novo Regulamento da Unión Europea sobre Restauración da Natureza de 2024: un diálogo interdisciplinar”, organizada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e o Observatorio do Litoral da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración co proxecto europeo Green Gap.
A xornada enmárcase na Rede transfronteiriza de coñecemento e formación en Infraestrutura Verde, impulsada polo proxecto Green Gap, e supón unha das primeiras accións públicas da Escola Galaico-Portuguesa de Infraestrutura Verde e Paisaxe Resiliente (Green Gap Academy). Esta iniciativa ten como obxectivo promover, mediante un Plan Formativo deseñado por todos os socios do consorcio, o desenvolvemento de infraestruturas verdes a escala local que contribúan á restauración da biodiversidade, á renaturalización e á creación de paisaxes máis resilientes.
A actividade, de carácter gratuíto e con inscrición previa, reunirá a especialistas do ámbito xurídico, científico, técnico e socioambiental para debater sobre as implicacións do novo Regulamento europeo. Está dirixida a persoal técnico da administración, investigadoras e investigadores, estudantes universitarios e representantes do terceiro sector ambiental.
A xornada estrutúrase en tres mesas redondas:
A perspectiva xurídica, con profesorado da UDC que contextualizará o marco normativo.
A fundamentación científica e técnica, con persoas expertas en biodiversidade, botánica e cartografía.
A repercusión socioeconómica, con experiencias desde a custodia do territorio, a xestión local e o deseño da paisaxe.
Entre os poñentes destacan Serafín González Prieto (SGHN e CSIC), Óscar Rivas (AGCT), Pedro Calaza (Fundación Juana de Vega), Jaime Laso (Concello de Salamanca), así como Francisco Javier Sanz Larruga, catedrático de Dereito Administrativo da UDC, director do Observatorio do Litoral e coordinador desta xornada como parte do equipo Green Gap.
Coa recente aprobación do Regulamento europeo, que establece compromisos vinculantes para a restauración ecolóxica, esta xornada pretende non só divulgar os seus contidos clave, senón tamén xerar un espazo de reflexión sobre a súa aplicación no contexto galego.
PONENTES DE LA JORNADA
1.ª Mesa redonda: La perspectiva jurídica del Reglamento de Restauración de la Naturaleza
· Francisco Javier Sanz Larruga – Catedrático de Derecho Administrativo (UDC)
· José Pernas García – Profesor Titular de Derecho Administrativo (UDC)
· Jennifer Sánchez González – Profesora de Derecho Administrativo (UDC)
2.ª Mesa redonda: La fundamentación científica y técnica del Reglamento de Restauración
· Pablo Ramil Rego – Director del IBADER y Profesor Titular de Botánica (USC)
· Jaime Fagúndez Díaz – Profesor Titular de Botánica (UDC)
· Francisco Alberto Varela García – Profesor de Ingeniería Cartográfica, Geodésica y
Fotogrametría (UDC)
3.ª Mesa redonda: La repercusión socioeconómica del Reglamento de Restauración de la Naturaleza
· Serafín González Prieto – Presidente de la Sociedad Gallega de Historia Natural e investigador del CSIC
· Óscar Rivas – Secretario de la Asociación Gallega de Custodia del Territorio
· Pedro Calaza Martínez – Director de la Escuela Gallega del Paisaje (Fundación Juana de Vega)
· Jaime Laso Riesco – Técnico del Área de Medio Ambiente del Ayuntamiento de Salamanca